Pablo Iglesias deixa o Goberno para ser candidato á Comunidade de Madrid

0 minutes read

O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos, Pablo Iglesias, anunciou este luns que deixa o Goberno para presentarse ás eleccións á Comunidad de Madrid do próximo 4 de maio co obxectivo de construír unha «candidatura forte e con carácter» e impedir que a «ultradereita» goberne. Nun vídeo remitido aos medios de comunicación, Iglesias revela que expuxo a Sánchez que a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sexa a próxima vicepresidenta segunda do Goberno e que Belarra lle releve a el como ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030.