Pablo Iglesias fixa como prioridade avanzar cara unha república

Pablo Iglesias admite que a actual correlación de forzas no Congreso dos deputados fai inviable ese cambio pero asegura que Podemos chegou á política pra facer posible o imposible. “Creo que debemos ter a valentia e a audacia para poñer sobre a mesa a necesidade de que España avance cara o horizonte dunha nova república, un horizonte republicano no que a democracia chegue tamén á xefatura do Estado”, afirmou.” “Xa vos adianto que aínda que seguramente aos que forman un bloque de gobernabilidade coa extrema dereita non lles vai gustar os presupostos que imos presentar van deixar ver a nosa influencia, van deixar ver que en España hai goberno progresista onde está Unidas Podemos”, concluíu.