44
O líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, mandou este domingo na Coruña unha mensaxe aos votantes socialistas enfadados con Pedro Sánchez. Busca mellorar resultados contando cos que culpan o líder socialista do bloqueo político. Pediu o voto aos socialistas de corazón que saben que ou está Podemos no goberno ou o seu partido non vai facer as cousas que queren eles que se faga no seu país. Iglesias di que Pedro Sánchez debería informar os seus electores de con quen estaría disposto a pactar.