O exvicepresidente do Goberno e exlíder de Podemos, Pablo Iglesias, sostivo que «a mellor decisión que poden tomar as bases moradas é rexeitar a coalición con Sumar e pedir o voto para o BNG”, de cara ás futuras eleccións autonómicas. Iglesias subiu unha mensaxe na rede social X, pouco despois de que a portavoz de Podemos, Isa Serra, explicase nunha rolda de prensa que a dirección da formación deixa en mans da súa organización en Galicia a decisión última sobre o «preacordo» con Sumar e EU para concorrer ás eleccións do 18 de febreiro. Iglesias critica a proposta lanzada polos de Yolanda Díaz e insiste en que a oferta é mesmo peor que a de Sumar ofreceu á formación violeta nas pasadas eleccións xerais do 23 de xullo, xa que coa fórmula en Galicia apenas terían opcións de entrar na Cámara.
35