Pablo Iglesias renuncia a entrar no goberno de Sánchez pero esixe condicións

@Pablo_Iglesias_

  • Iglesias asegura que non será «a escusa do PSOE» para que non haxa un goberno de esquerdas

Pablo Iglesias renuncia a entrar no goberno de Sánchez pero faino con condicións. Quere que o seu partido poida elixir de entre os seus membros a aqueles que se poderán sumar ao Gabinete como ministros «técnicos».

A través dun vídeo publicado nas súas redes sociais, o líder de Podemos explica que non vai ser «a escusa do PSOE» para que non haxa un Goberno de coalición de esquerdas a próxima semana. Esta decisión xa lle foi comunicada ao presidente en funcións Pedro Sánchez, mentres que o secretario de acción de goberno de Podemos, Pablo Echenique, será o encargado de comunicarlle esta acción ao PSOE.

Declaración de Pablo Iglesias na súa conta oficial en Twitter

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas