Pablo Ortega fíxose coa IV Challenge Carballo


O corredor do Ciclismo Team de Madrid, Pablo Ortega Sanz, levou dúas etapas e quedou segundo na contrarreloxo que se disputou entre Razo e Monte Neme. Na edición deste ano da Challenge Carballo participaron máis dun centenar de corredores nacionais e internacionais. O segundo posto foi para Estanislao Calubuig e o terceiro para Miguel Domínguez Martín.