O artista muxián Paco Lago será o encargado de dar o pregón do mercado das Rutas do Mar de Muxía na XV edición que se celebrará os vindeiros 12 e 13 de agosto. Tamén, a programación completa desta décimo quinta edición será presentada polo grupo de goberno o vindeiro 5 de agosto.
Lago, mariñeiro xubilado, comezou desde moi pequeno a cultivar unha afección moi curiosa, as maquetas navais. Sendo un rapaz, deu o seus primeiros pasos na investigación e reprodución en pequena escala de famosos e históricos navíos, tanto internacionais como nacionais, pero tamén de moitos barcos locais que formaron e forman parte da importante flota pesqueira muxiá.
Tamén traballa e traballou na reprodución de embarcacións tradicionais galegas como As Dornas.
Así, Paco Lago foi elixido tanto polo alcalde, Iago Toba, como por os membros do goberno local debido á importancia que o seu traballo ten na cultura do mar, tan arraigada na vila de Muxía.
“O traballo de Paco constitúe un legado de cultura e sabedoría para a sociedade. Grazas ao seu esforzo e dedicación, os máis novos poderán coñecer as curiosidades das embarcacións antigas e como eran os barcos nos que traballaron os seus pais, avós e familiares”, destacou Toba.