Pacto migratorio entre EEUU e México


Unha semana despois de que Donald Trump lanzase unha ameaza de impoñer a partir do luns aranceis a todas as importacións desde México se o país veciño do sur non freaba a chegada de migrantes centroamericanos a Estados Unidos os dous países alcanzaron este venres un acordo e o mandatario estadounidense suspendeu “indefinidamente” a imposición das taxas comerciais.

O pacto foi anunciado case ao mesmo tempo en Twitter por Trump e polo chanceler mexicano Marcelo Ebrard, que participou en tres días de frenéticas negociacións en Washington.