Padrón nomea unha praza na honra de Pepe Domingo Castaño

1 minutes read

Ao acto asistíu este sábado o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a Pepe Domingo Castaño coma un dos principais embaixadores de Galicia fóra da Comunidade e “un monstro do xornalismo, da radio e de todo o que quixo facer” en España nas últimas décadas.

Padrón puxo o seu nome á praza do casco histórico na que xogaba de pequeno, Rueda resaltou que Castaño é un galego “orgulloso das súas raíces, facendo bandeira de onde é e do que sente” e que leva o nome de Galicia por todo o mundo ao presumir das bondades e atractivos da Comunidade sempre que ten ocasión. “Posúe esa mente aberta, esa forma de ser que engancha a todo o mundo e nunca se esquece de que é galego”.

Ademais, gabou a profesionalidade de Castaño, quen acadou un estilo propio de narrar e retransmitir que fan que sexa recoñecido e apreciado por diferentes xeracións de radiooíntes. “É unha gran persoa e tamén un enorme profesional”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?