Paiosaco acolle a presentación do programa Elixe Galicia

Trátase dunha iniciativa impulsada por Turismo de Galicia. Se tes menos de 30 anos, máis de 55 ou tes fillos menores de idade podes obter unha subvención do 40% no prezo das túas vacacións se as realizas nunha provincia galega que non sexa a túa de orixe.

Se queres ampliar información, acude este mércores a partir das 19:00 horas ao centro sociocultural de Paiosaco ao acto aberto no que Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, presentará o programa #ElixeGalicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha