Paiosaco conta cun novo parque biosaudable

O Concello da Laracha vén de crear e abrir ao público este novo equipamento na zona da Porta Santa, nunha parcela de titularidade municipal moi próxima ao centro sociocultural da vila. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, comprobaron in situ o resultado da actuación realizada nos últimos días.

Deste xeito o Concello aposta por continuar ofrecendo aos veciños novas posibilidades de ocio que, ao mesmo tempo, fomentan a realización de actividades físicas e, por tanto, son beneficiosas para a saúde dos usuarios.

Este é o quinto circuíto biosaudable dispoñible no termo municipal. Os outros catro sitúanse na área recreativa de Gabenlle, no parque Maximino Canedo (A Laracha), no paseo marítimo de Caión e na urbanización Monte Claro (Cabovilaño).

Os obxectivos fundamentais da presenza dos parques biosaudables son influír positivamente sobre as persoas maiores para conseguir cambios efectivos nos seus hábitos de vida, evitar o deterioro psicomotor coa práctica de actividade física e, entre outros, ampliar a oferta de instalacións deportivas que existe no termo municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha