Os pais, nais e membros do ANPA do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo asistirán ao Parlamento de Galicia o vindeiro venres pola mañá para presenciar o debate sobre as iniciativas presentadas polo PSOE e o BNG en contra dos recortes de educación que afectan a este centro escolar.
Desde a comunidade educativa do CEIP Xesús San Luís Romero estiveron seguindo con profunda preocupación o inicio do curso escolar, durante o cual evidenciáronse múltiples carencias e desaxustes derivados da falta de persoal docente no Centro.
En só tres xornadas xa foron testemuñas de como as docentes se han visto obrigadas a multiplicar os seus esforzos para facer fronte a un déficit de persoal que está a afectar negativamente á calidade da atención que reciben os seus fillos.
Esta visita ao Parlamento de Galicia é un paso importante no esforzo conxunto da comunidade escolar por abordar estes problemas e atopar solucións efectivas.
«Os pais do CEIP Xesús San Luís Romero desexamos presenciar in situ o debate e as votacións relacionadas coas iniciativas presentadas polos partidos políticos, coa esperanza de que se tomen medidas concretas para mellorar a situación no Centro e garantir unha educación de calidade para todos os estudantes. Así mesmo, para comprobar nas devanditas votacións, quen están ao lado dos nenos e as nenas de Carballo e quen está claramente decantados por outros intereses, aínda á conta do prexuízo ocasionado sobre os nosos fillos», conclúen.