Pais do San Luís Romero carballés elaboran un cadro de persoal actualizado

1 minutes read

Ante o constante baile de datos e a incerteza xerada polas cifras cambiantes proporcionadas pola Conselleria, tanto na recente presentación na Comisión do Parlamento como nas promesas incumpridas anunciadas durante a sesión do Pleno Municipal, os pais de alumnos do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo elaboraron un detallado cadro comparativo que desagrega, praza por praza, o número actual de persoal docente e non docente da institución educativa ao día da data.

Como se pode observar, o saldo é negativo e o persoal reduciuse en 1,5 en persoal docente e 0,5 en persoal non docente. Ademais, a orientadora viu reducida a súa xornada no centro: acudirá 1 día menos, 1 tarde menos, e tampouco asistirá aos Claustros.

“Coas cifras diante, seguimos sen comprender como é posible que desde a Conselleria se sigan negando os recortes e se diga que o persoal foi ampliado, cando os datos din xustamente o contrario”, afirman os pais.

“Aceptamos, aínda que non compartimos, o debate sobre se había necesidade ou non de recortar; pero o que de ningún modo podemos aceptar é que para o goberno da Xunta e o Partido Popular a aritmética deixe de ser unha ciencia e sexa unha cuestión de opinión”, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?