27
A asociación Vieiro, dentro da programación no ámbito de prevención familiar, comezou a súa andaina coas Escolas de Familia baixo o título de «Pais e Nais no océano educativo». Os interesados ou interesadas poden anotarse chamando á Asociación Vieiro ao teléfono 981756161 ou a través do Whatsapp 604075815 deixando o seu nome, número de teléfono e a escola á que desexen asistir. A duración das escolas será ata o mes de maio. As sesións serán dunha hora e media. As profesionais encargadas de impartir estas escolas son Lara Rodriguez das Heras e Miriam Romero Traba.
Os lugares e días onde se levan a cabo cada unha das actividades serán os seguintes:
- O venres, día 21 de Outubro, dió comezo a Escola de Familia do Ceip Nétoma-Razo que ten lugar na antiga escola de Nétoma-Razo en horario de 20:15 a 21:45 horas. As reunións levan a cabo mensualmente.
- O martes, día 8 de Novembro, comezou a Escola de Familia do Ceip “Bergantiños”. Ten lugar neste centro educativo en horario de 16:00 a 17:15 horas. A súa periodicidade é semanal. Tamén ese mesmo día con periodicidade semanal comezou unha escola no centro social de Rus en horario de 19:00 a 20:30 horas
- O xoves, día 10 de Novembro, iniciouse a Escola de Familia que ten lugar na sede de Vieiro sita en R/ Xazmíns, Nº 2, en horario de 17:15 a 18:45 horas. As reunións levan a cabo semanalmente
- O xoves, día 10 de Novembro, e tamén con periodicidade semanal, leva a cabo a outra Escola de Familia que ten lugar na sede de Vieiro sita en R/ Xazmíns, Nº 2, pero en horario de 19:00 a 20:30 horas
- O venres, día 18 de Novembro, iniciouse outra Escola de Familia con periodicidade semanal. Ten lugar na sede de Vieiro sita en R/ Xazmíns, Nº 2, en horario de 19:45 a 21:15 horas
- O venres, día 16 de Decembro, comezará a Escola de Familia do Ceip Nétoma-Razo que terá lugar na antiga escola de Nétoma-Razo en horario de 10:00 a 11:30 horas. A súa periodicidade será mensual.
Estes son os talleres que levarán a cabo nas escolas de familias:
- TALLER 1: : “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (HABILIDADES SOCIAIS)
- TALLER 2: “BUSCANDO O NORTE” (DISCIPLINA POSITIVA)
- TALLER 3: “CADA BARCO TEN O seu TEMÓN” (NORMAS E LÍMITES )
- TALLER 4: “CAPEANDO O TEMPORAL” (RESOLUCIÓN DE CONFLITOS)
- TALLER 5: “MAR DE REDES” (NOVAS TECNOLOXÍAS)
- TALLER 6: “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (COEDUCACIÓN E IGUALDADE DE XÉNERO)