Países Baixos e Dinamarca comprométense a fornecer cazas F-16 a Ucraína

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, visitou os Países Baixos e Dinamarca en busca de novos apoios á Defensa do seu país e concretamente para o adestramento de pilotos ucraínos cos caza F-16, despois de que Estados Unidos aprobase o envío deste armamento. O primeiro ministro neerlandés interino, Mark Rutte, confirmou que o seu país entregará, xunto a Dinamarca, cazas F-16 a Ucraína «tan pronto como sexa posible» unha vez finalizado o adestramento militar de pilotos ucraínos. Zelenski asegurou que serán 42 os avións que recibirán. Pola súa banda, a Primeira Ministra danesa Mette Frederiksen marcou en 19 os caza que fará chegar a Kiev.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha