Palas de Rei acolleu o “IX encontro Xacobeo Peregrinas“

1 minutes read

O Camiño Primitivo, a súa reactivación, a celebración deste Xacobeo ou a experiencia da peregrinación desde un punto de vista multidisciplinar e feminino centrou o IX Encontro Xacobeo Peregrinas, que se celebrou no Castelo de Pambre, en Palas de Rei, no marco desta iniciativa encadrada na programación do Xacobeo 21-22, na derradeira etapa deste itinerario que entronca co Camiño Francés á altura de Melide. O Camiño Primitivo xa é o cuarto itinerario máis empregado polos peregrinos que recollen a Compostela – o 6% do total-, o que se traduce en que máis de 10.000 peregrinos escolleron no que vai de ano este trazado que arranca desde a cidade de Oviedo, onde precisamente vense de presentar o destino Galicia e o Xacobeo 21-22. Este novo encontro, que ten lugar despois dos celebrados en Santiago, Mondoñedo, Padrón, Xunqueira de Ambía, Vigo, Portomarín e Sober, busca xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista a través das experiencias das diferentes convidadas.