O Calvo Basket Xiria viaxou este domingo a León para xogar o partido correspondente á octava xornada da Liga EBA Grupo A-C, fóra da súa cancha. A cita foi ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de León contra o ULE RBH Global Basket León. O equipo local arrincou ben o partido, lévándose o primeiro cuarto (24-20), pero foi incapaz de frear en defensa ao Calvo Basket Xiria que baixo a batuta de Pallotti se levaron o segundo (17-24).
Coa contenda igualada e dúas canastras do xogador local García, todo semellaba complicarse para o equipo carballés, pero apareciu un inspiradísimo Diagne para marcar diferenzas (15-23) no terceiro cuarto ante a impotencia do ULE RBH Global Basket León, que con tres triplos consecutivos de Pallotti, Diagne e Álvarez vían como os deixaban sen opcións (23-26) no último cuarto. Así as cousas, o Calvo Basket Xiria colleitaba unha importante vitoria cun resultado final de 79-93.
O equipo carballés xa pensa no próximo encontro que fora aplazado por covid visitante do Xixón Basket e que tampouco se xogará este mércores día 23 ás 21:00 horas en Carballo, como estaba previsto, tras novo positivo no equipo asturiano.