Palomi Rodríguez presentará este sábado a súa candidatura á Alcaldía da Laracha


Palomi Rodríguez volverá a presentarse á alcaldía da Laracha en maio deste 2023 tras ser escollida como candidata por unanimidade pola asemblea da agrupación socialista local.

A que xa fora secretaria xeral da agrupación local e candidata nas últimas eleccións municipais do 2019, repetirá no intento dos socialistas de obter unha alcaldía que consideran “clave” na comarca.

“Asumo o reto con tranquilidade, temos un equipo que traballa con moita ilusión e iso a militancia o valora, o noso único obxectivo é mellorar a vida da xente”, asegurou Rodríguez.

Será ás 19:30 horas nun acto que contará coas intervencións do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o secretario xeral da provincia da Coruña, Bernardo Fernández; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a propia candidata á alcaldía.

Un acto aberto para todas as veciñas e veciños da Laracha que se poderá seguir tamén en directo por streaming, a través de Facebook.