O acto de presentación servirá para coñecer ás persoas integrantes da candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio. A lista que presenta Palomi polo PSdeG-PSOE da Laracha adxunta experiencia e renovación. «Algunhas das persoas que a integran desempeñan o cargo de concelleiros/as durante este mandato. Outras son novas, pero aportan unha gran bagaxe de capacidade e gañas para traballar polo futuro da Laracha e das súas parroquias», informan dende a formación socialista.
Para arroupar a Palomi Rodríguez, participará no acto do xoves 4 de maio José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE.
Será unha xuntanza aberta a toda a veciñanza, haberá actuación de música tradicional cun grupo da vila e a continuación un ágape e un viño.
29