Palomi Rodríguez será a candidata socialista á alcaldía da Laracha nas municipais de maio

A Asemblea da Agrupación Socialista da Laracha escolleu por unanimidade a Palomi Rodríguez como candidata á alcaldía do concello nas eleccións municipais de maio de 2023. Rodríguez sinalou que o PSdeG-PSOE da Laracha xa ten «a vista posta nas eleccións, traballando a diario para presentarlle aos nosos veciños e veciñas o proxecto progresista e socialista que necesita A Laracha».

A Asemblea puxo en valor «o bo traballo realizado polo Grupo Municipal Socialista durante todo o mandato, con propostas e iniciativas formuladas para mellorar a vida dos veciños e veciñas».

«Temos un equipo que traballa con moita ilusión e iso a militancia o valora, o noso único obxectivo é mellorar a vida da xente, non temos ningún outro tipo de interese», engadiu Rodríguez.

Durante as próximas semanas, os socialistas da Laracha recollerán as propostas e suxestións dos diferentes sectores económicos locais e do tecido asociativo e veciñal, co obxectivo de presentarse ás eleccións co mellor programa electoral para o concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha