Pancho Casal afirma que toca «tirar cara adiante»

1 minutes read

O candidato á Xunta da Marea Galeguista, Pancho Casal, apuntou que os resultados electorais non son «un desastre» para o seu proxecto a pesar de que non chegaren nin ao un por cento dos votos. En declaracións á prensa, Casal valorou que este 12 de xullo «a xente votou con responsabilidade» e, por iso, «para nós non é un desastre». Estas eleccións autonómicas foron as primeiras en que En Marea se unía a Compromiso por Galicia e ao Partido Galeguista para iniciar un proxecto que, como calquera iniciativa pioneira, esgrimiu Casal, «pode ter riscos», pero que se se aposta por ela, conseguirá ter futuro.