Pancho Casal denuncia o «maltrato» que sofre o colectivo sanitario en Galicia

O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal_Cedida

  • O candidato á Xunta pola Marea Galeguista amosouse indignado polas cuestións que lle trasladaron dende o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola Marea Galeguista, Pancho Casal, denunciou este martes fronte ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, o que considerou como «maltrato» en referencia á situación de precariedade que vive o colectivo sanitario.

Casal amosouse indignado polas cuestións que lle trasladaron dende o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita como «os contratos de día en día, as chamadas a calquera hora para incorporarse ao día seguinte ou a imposibilidade de conciliar».

Segundo indicaron dende o colectivo, entre os anos 2011 e 2016 «practicamente non houbo contratacións polos recortes drásticos de persoal» e tamén cuestionan o feito de que «esixen 12 anos efectivos para conseguir unha praza, mais debido á inestabilidade e precariedade, hai casos de 12 anos onde só teñen 4 anos efectivos, o que fai case imposible poder conseguir unha praza».

Para Pancho Casal, «isto non é precariedade, isto é maltrato e inhumanidade», calificando de «lamentable e indecente» que as persoas que nos coidan sexan tratadas deste xeito.

Para a Marea Galeguista «non é un problema económico, é un problema de desorganización e maltrato, de desleixo e de non pensar nas persoas». Casal enfatizou que «a sanidade é un servizo universal, polo que non pode ser que se trasladen cartos da sanidade pública á privada».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha