Pánico na illa de Tonga, tras un tsunami provocado por un volcán submarino

A violenta erupción dun volcán submarino preto de Tonga, no Pacífico Sur, provoca un tsunami que fixo refuxiarse aos insulars en lugares elevados e desatou as alarmas nos países próximos. O Servizo Meteorolóxico de Australia informou de que «ondas de 1,2 metros foran rexistradas en Nuku’alofa», capital de Tonga. As autoridades da illa, onde residen 71.000 persoas, non informaron de momento de vítimas. Os medios locais alertan de que varias zonas permanecen incomunicadas. A explosión do volcán submarino Hunga-Tonga-Hunga-Ha’apai durou oito minutos. Foi tan forte que se oíu nas illas Fidxi, a máis de 800 quilómetros de distancia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha