Panorama, Satélites e Combo nas potentes festas de Uxes – Arteixo


Este venres 7 de xuño grandes orquestras daranse cita en Uxes – Arteixo para celebrar ao grande as festas na honra ao Espírito Santo. O venres 7 chega directamente desde Canarias O Combo Dominicano, o sábado 8 o espectáculo da orquestra Panorama e o mellor baile cos Satélites, e o domingo 9 sesión vermút e verbena coa orquestra Foliada.

Ademais haberá sesión de fogos de artificio o sábado e para bailar sen parar coa barriga chea, pulpada e churrascada. Sen dúbida una das citas máis rechamantes para esta fin de semana. Cabe destacar que a comisión organizadora do evento dispoñerá de mil metros cadrados de carpa para cubrir o campo e non se augue a festa no caso de que chova.