Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas este sábado

Este sábado, 24 de decembro, Papá Noel chegará a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, facendo unha cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas da vila. A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 11 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezará o seu itinerario, que está previsto que remate pasadas as 20 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha