Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas o mércores 24 de decembro

O mércores 24 de decembro Papá Noel chegará a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, facendo na súa carroza unha Cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas do municipio.

A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 11:00 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezará o seu itinerario, que está previsto que remate pasadas as 18:30 horas.

Cabe destacar que os horarios son estimados, dependendo da climatoloxía e do que o afamado persoeiro chegado desde Laponia se deteña en cada lugar.

Related posts

Vimianzo acenderá o Cepo de Nadal na lareira do Castelo o martes 23 de decembro

Activa para este sábado unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Afaber reparte, por segundo ano consecutivo, etiquetas inspiradas no Nadal polo comercio local de Bergantiños