Kassius Robertson vestiuse de Papa Noel e adiantou o Nadal no Fontes do Sar a este domingo 20 de decembro, cunha importantísima vitoria de Obradoiro por 102 a 91 ante Casademont Zaragoza, tras unha actuación estelar. E é que, o escolta canadense converteuse no mvp do encontro. Anotou a friorenta de 37 puntos cun acerto de 9/14 en triplos, 4 asistencias, 4 rebotes, para asinar 35 unidades de valoración. Sinxelamente imparable e a súa actuación no terceiro cuarto pasará aos anais do basket compostelán como antolóxica.
Comezaba o partido cun ritmo frenético. Ambos os conxuntos situábanse en dobres díxitos, cando apenas levabamos transcorridos tres minutos de partido, 10-11. A partir de aí impuxeron a súa lei a dupla Robertson- Birutis e os composteláns distanciábanse 9 puntos, 20-11, sen apenas concesión para os de Sergio Hernández. Reacción do banco visitante que sacaba a Thompson para dar consistencia ao seu xogo interior, comprimíase o marcador tras “desfalecemento” santiagués e un 2-10 de parcial para os aragoneses. A pesar diso, Robertson apontoaba a Obradoiro cun triplo sobre a bucina do primeiro cuarto, deixando o luminoso con 28-23 para os de Moncho Fernández.
No segundo cuarto, Zaragoza aumentou a súa intensidade defensiva pero pronto se viu cargado de faltas. Robertson aproveito a conxuntura para cambiar o caudal anotador e pasar agora a encestar desde a liña de persoal.
Czerapowicz anotaba 2 triplos iniciando o cuarto e as alarmas aragonesas soaban con forza. Apareceu a figura de Dylan Ennis (29 puntos, 2 rebotes, 3 asistencias e 32 de valoración) con triplos, xunto co axuste defensivo zaragozano, para limar a diferenza, 0-8 de parcial. Con todo, a citada acumulación de faltas visitante permitiu a Obradoiro anotar tiros libres. Pechábase o segundo acto con 10 puntos de diferenza para os galegos, 47-37 e ambos os conxuntos a vestiarios.
Tras o descanso, Obradoiro en xeral, e Robertson en particular, arrincaron o terceiro cuarto en modo apisoadora. As vantaxes disparábanse, o canadense metía todo o que lanzaba e Zaragoza non era capaz de aguantar o vendaval compostelán.
O adestrador subcampión do mundo con Arxentina do Casademont Zaragoza, pedía tempo morto con 58-39 para tratar de conter o festival Obradoirista tras 2 triplos consecutivos do de sempre, Robertson. Entrou Brusino, cargado de faltas, mentres Ennis seguía encestando. Pero a Robertson, xa non lle paraba ninguén. Por se isto fose pouco, Birutis (19 puntos, 9 rebotes, 1 asistencia e 28 de valoración) facíase o amo e señor da pintura. Os argumentos santiagueses eran demasiados contundentes e Obradoiro era quen de poñerse con 27 puntos de diferenza na marcadora, 77-50. De aí ao final do show estafe feito cuarto, intercambio de canastras cun modesto “lifting” aragonés e 85-61 no luminoso. O cuarto levábanllo os composteláns 38-24.
O último acto parecía misión imposible para os maños. A pesar de todo, tentárono, e mercé ao traballo de Sulaimon (12 puntos, 3 rebotes e 12 de valoración) e Ennis, o partido poñíase 95-84, revivindo as vellas pantasmas de remontada visitante in extremis do xoves anterior. Barreiro (19 puntos, 7 rebotes, 1 asistencia e 21 de valoración) porfiaba, penetraba e non se engurraba. Aínda houbo máis emoción cando Sulaimon puxo a renda por baixo de 10, tras un triplo. E é que a lesión de Pepe Pozas (3 puntos, 4 rebotes, 7 asistencias e 13 de valoración), quen se torceu un nocello con bastante dor, e o empeño local en non pechar o encontro, deixarían con certo suspense o que parecía máis que visto para sentenza.
Falsa alarma e Álvaro Muñoz (10 puntos, 2 rebotes, 2 asistencias e 13 de valoración) desde a liña de tiros libres finiquitaba un encontro no que Obradoiro tivo momentos de equipo grande, esmagando ao seu rival e non deixando concesión algunha á especulación. A pesar diso, os aragoneses levaron o último cuarto 17-30.
Sensacional encontro o disputado en Santiago, boas sensacións, e o máis importante, sexta vitoria do equipo ao que, se lle entraron indicios de dúbida, débese ás 7 derrotas consecutivas anteriores, varias delas moi xustas en puntos, e mesmo, inmerecidas.
Xogando así, Obradoiro só pode ascender na clasificación. Quedan 3 partidos para acabar a primeira volta: Murcia, Andorra e Estudantes. Convén manter a dinámica de vitorias estreada. Próxima estación, domingo 27 de decembro ás 12 h, Murcia ante UCAM. Oportunidade de acabar o ano nunha máis que óptima situación para afrontar os 2 últimos partidos que clausuran a volta. E que o golpe de Pozas, quede nun susto.
ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO