‘Papaventos ou viraventos’ | Acto público en Vimianzo da Rede Galega por un Rural Vivo

0 minutes read

A cita será o vindeiro sábado día 19 de novembro ás 16:00 horas. Trátase dunha marcha que ten como finalidade a concienciación sobre a necesaria protección da Costa da Morte fronte a avalancha desmedida de proxectos de parques eólicos. O acto rematará coa solta de papaventos.

Participan nesta convocatoria:

  • Asociación 3 de maio.
  • Asociación Fonte Seca.
  • APEON.
  • Plataforma Quijote de Outes.
  • Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.
  • Plataforma de afectados de Caión polos parques eólicos Pedra Queimada e Monteagudo.
  • Asociación Fragas do Sar.
  • Ecoloxistas en Acción A Coruña Sur.
  • Ecoloxistas en Acción Costa da Morte.