Lyari é un dos distritos máis pobres da metrópole de Karachi, a cidade máis poboada de Paquistán. Unha zona portuaria na que os traficantes de droga campan ás súas anchas. Nos seus estreitos canellóns un grupo de mulleres loita contra os estereotipos de xénero.