Para os amantes das dúas rodas | Santa Comba acollerá a II Ruta Xallas TT

2 minutes read

Por segundo ano, o Moto Clube Xallas TT e o concello de Santa Comba organizan unha ruta para que os amantes das dúas rodas poidan desfrutar dunha xornada na que motor e lecer danse a man. O percorrido comezará o sábado ás 9:00 da mañá cando, despois de citarse na Praza fronte á Casa da Cultura para a recollida de dorsais, os máis de 200 inscritos tomarán rumbo dirección Radufe e percorrerán contornas como o Monte de San Salvador e a Mina de  Varilongo para recalcar tamén polos concellos de Coristanco e Zas, lugar no que farán unha parada para xantar antes de volver ao concello de Santa Comba onde pola tarde-noite desfrutarán dunha cea e actuación musical.

O presidente do clube, Rafael González, agradece a colaboración dos numerosos patrocinadores e dos concellos, amosándose “moi ilusionado pola acollida da actividade, que pasando dos 167 inscritos na edición anterior aos 234 da presente, garante a súa continuidade e a calidade da xornada”. Pola súa banda, Alberto Romar, alcalde de Santa Comba, quere destacar a importancia da iniciativa polo que representa para os amantes do motor pero, sobre todo, quere agradecer a labor do clube que “leva traballando meses na organización, o que implicou unha labor importantísima de limpeza e adecentamento de varias zonas polas que pasará a ruta, feito que demostra seriedade na procura da seguridade e a calidade e tamén unha implicación admirable co noso concello. Por esas razóns, dende o equipo de goberno queremos transmitir o noso agradecemento máis sincero”.

Esta iniciativa, coa que o concello xalleiro colabora, enmárcase na xa citada vontade de Alberto Romar e o seu equipo por recuperar a dinamización dos deportes de motor.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?