Paralizada a obra de instalación dunha antena de telefonía móbil na Laracha

O Concello paralizou este martes a obra de instalación dunha estación base de telefonía móbil na parcela contigua ao recinto do CEIP Otero Pedrayo, en concreto na parte traseira do pavillón polideportivo do colexio.

Tras ser rexistrado no Concello o proxecto, e detectadas deficiencias no mesmo, trasladouse á promotora o requirimento, segundo informe técnico, de documentación xustificativa axeitada. Tamén se notificou a conveniencia de atopar un emprazamento máis óptimo para a citada base de telefonía móbil.

Ao mesmo tempo, o alcalde e a concelleira de Ensino convocaron unha reunión coa dirección e a Anpa do centro para ofrecerlles a información oportuna. O Consello Escolar do CEIP Otero Pedrayo reuniuse con carácter de urxencia este luns para tratar este asunto, deixando constancia da súa oposición e instando a buscar unha nova ubicación.

Ante o inicio das obras este martes na parcela prevista no proxecto, e ao non ser presentada pola promotora a documentación esixida no requirimento municipal, o Concello decretou a paralización dos traballos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha