Paralizado polo TSXG o desenvolvemento do parque eólico de ‘O Campelo’, en Coristanco

Monte Campelo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a paralización cautelar do desenvolvemento do parque eólico de ‘O Campelo’, proxectado pola compañía Greenalia entre os municipios de Santa Comba e Coristanco.

Na sentenza, emitida o pasado 19 de setembro, a sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do Alto Tribunal galego estimou procedente o recurso presentado por Adega e a Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica contra a orde do Consello da Xunta de Galicia de novembro de 2021 que declaraba de utilidade pública tanto a execución deste parque como dos de Bustelo e Monte Toural, promovidos tamén pola empresa Greenalia.

A compañía sinalou que estuda presentar un recurso contra a decisión dos tribunais de paralizar a implantación deste parque eólico e defende a súa actuación na xestión deste proxecto. Cabe destacar que este fallo do TSXG senta un precedente favorable cara á consecución da paralización cautelar doutros proxectos eólicos autorizados pola Xunta e que se atopan recorridos ante os tribunais de xustiza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha