Paralízase a recollida de leite e os gandeiros empezan a ter que tiralo

1 minutes read

Unha granxa de Coristanco – A Coruña-, con máis de 400 vacas, tivo que desfacerse de máis de dez mil litros de leite, debido á folga do transporte non ten servizo de recollida. Casos coma este hai máis, e os tanques de frío nas granxas comezan a encherse sen ter saída para o produto.

Os sindicatos reclaman medidas para un produto básico e perecedoiro, as explotacións arrastraban xa perdas polos altos custos de produción e agora falan tamén de problemas medioambientais de ter que tirar o leite polo sumidoiro.

Unións Agrarias fai un chamamento para que se permitan uns servizos mínimos que permitan recoller o leite, dende a empresa Leite Rio afirman que non lles chegan os envases de cartón e non poden envasar e os silos para almacenar o leite teñen unha capacidade limitada.

As explotacións e a industria temen un colapso do sector se non se toman medidas urxentes.