Participa no programa “Ti tes a chave” achégate este martes ás 20:00 horas ao Fórum Carballo

1 minutes read

O Concello de Carballo será, xunto co da Laracha, o primeiro de Galicia en utilizar a planta de compostaxe de biorresiduos domésticos de Sogama, que empezará a funcionar o ano que vén. A posta en marcha da recollida selectiva en Carballo levarase a cabo a través dun programa de voluntariado ambiental semellante ao que participou, con moito éxito, na experiencia piloto “Ti tes a chave”, que se estende agora a todo o casco urbano.

Promo da campaña e da cita deste martes.

Buscase, polo tanto, a persoas e familias concienciadas coa saúde do planeta. Se ti es unha delas achégate o martes 12, ás 20.00 horas, á xuntanza informativa que se celebrará no Fórum Carballo. Poderás colaborar no coidado do medio ambiente e reducir a túa pegada de carbono cun xesto tan sinxelo como separar as sobras de comida e depositalas dentro dun colector específico: o colector marrón.