Participantes dos obradoiros de arranxos florais de Cabana xa crean as súas propias obras

0 minutes read
  • As actividades desenvólvense na sede da asociación Íntegro (Nantón) e na Escola de Vela

As persoas que participan nos obradoiros de arranxos florais organizados polo Concello de Cabana xa están poñendo en práctica todos os coñecementos adquiridos elaborando as súas propias creacións.

Estas actividades desenvólvense na sede da asociación Íntegro (Nantón) e na Escola de Vela e están enmarcadas no programa Ruralízate, cuxo obxectivo é a creación de estratexias de dinamización baseadas no territorio e o talento rural, contribuíndo a xerar pobos vivos e visibles.