Participantes no programa de intercambio xuvenil coa Laracha visitaron o Parlamento de Galicia

O Concello da Laracha continúa apostando polo desenvolvemento de programas de mobilidade xuvenil que abren á mocidade novas oportunidades para aprender, compartir experiencias e fortalecer os valores comúns da Unión Europea.

Nestes días estase levando a cabo a segunda fase do intercambio a través do que mozos laracheses estiveron no pasado verán en Venecia e Xeorxia. Agora visitan Galicia alumnos de Il Polo Tecnico Profesionale de Venezia “Vendramin Corner” e do Centro de Lengua y Cultura Española “Abanico” de Tiflis.

Este martes, acompañados polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López, visitaron o Parlamento de Galicia cun percorrido guiado polas diferentes estancias. Ademais, un deputado do grupo popular recibiunos no Hemiciclo e explicoulles o funcionamento da Cámara autonómica e o papel das institucións galegas.

A programación continuará nos vindeiros días. O xoves está prevista a recepción oficial da expedición no Concello da Laracha, incluíndo unha visita á vila de Caión.

Neste programa, que está liderado polo Concello da Laracha, tamén participan os municipios de Rois e de Tordoia.

Related posts

O PSOE de Muxía denuncia que se cobren os plans de conciliación na vila

A Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina

A Laracha xestionou a recollida a domicilio de 284 toneladas de residuos voluminosos en 2025