Partido homenaxe a Luís de Rafael este sábado en Sofán-Carballo

1 minutes read

Ás 19:00 horas celebrarase un partido de fútbol no campo do Carral en Sofán.

A Asociación Cultural Deportiva da Milagrosa organiza unha homenaxe a Luís Gende Viña (Coñecido popularmente como Luís de Rafael), finado recentemente tras unha longa enfermidade, cun partido entre o AT. Milagrosa de veteranos, no que Luís Gende Viña xogaba, contra o San Martiño da Silva.

Homenaxe no que se disputará un trofeo que, ao final do partido, será entregado a familia do homenaxeado polo equipo vencedor. A Asociación Cultural Deportiva da Milagrosa terá outros detalles de agarimo coa familia e recorda que, Rafael Gende, pai de Luís, foi Presidente do Milagrosa durante unha longa etapa.

A entrada para este evento será de balde e dende a Asociación rogan a máxima asistencia.