Como de costume, este sábado 12 ás 17:00 horas, no Pavillón Vila de Noia, o Calvo Basket Xiria, recibe ó Solgaleo Bosco Salesianos, nun dos partidos importantes e transcendentes na Liga EBA. Un Bosco Salesianos que marcha por encima na táboa clasificatoria, cun encontro máis gañado e si Basket Xiria o supera ó final do partido, asentarase na zona media da clasificación con 3 vitorias.
Logo da semana de adestramentos, contando xa Héctor Méndez con todo o equipo, están a preparar o encontro con moitas gañas e ilusión, para desmontar os siareiros, que non só saben competir a un bo nivel contra equipos que mandan na clasificación (coma con Chantada e Porriño), senón que tamén saben gañar partidos, e os da casa é unha necesidade primordial. Polo que todos xuntos deben de facer que o “fortín” do Pavillón Vila de Noia sexa “inaccesible” para os equipos que o visiten.
O equipo rival, neste seu segundo ano en Liga EBA, conta cun plantel moi conxuntado, onde destacan os escoltas Manuel Varela (18 ptos+5 reb en 33min´), Gabriel Preotu (13 ptos+4 reb en 30min´), o alero marfileño Teti YvEs Henry Tape (9 ptos+7 reb en 22min´) e o ala-pivot Marcos Villaba (13 ptos+9 reb en 27min), entre os seus mellores expoñentes, polo que os xogadores do Calvo Basket Xiria, deberán estar concentrados ó 100% en defensa e realizando os mellores ataques posibles, despregando as súas mellores armas e xogo colectivo de ataque.
Aproveitando que os equipos Minibasket descansan nas súas competicións, xogarán un “partidillo” de exibición nos tempos mortos e descanso do partido, á vez que animando e desfrutando vendo ós “maiores”. Tamén dende o Club levarán a cabo varios sorteos entre os afeccionados, a través da venta de rifas e xa terán en taquilla dispoñible a Lotería de Nadal de Basket Xiria.
38