Pasaron a disposición xudicial tres persoas de Carballo pola súa presunta vinculación con diferentes roubos


As investigacións levadas a cabo pola Policía Xudicial da Garda Civil en función de varios delitos de roubos na Costa da Morte e arredores deron os seus froitos. Cinco persoas foron detidas en Carballo e tres delas pasaron este venres a disposición xudicial, outras dúas quedaron en liberdade en calidade de investigados. As investigacións céntranse en determinar se os delitos cometidos en varios comercios e locais de hostalería estarían ou non relacionados con estas persoas. O operativo continúa aberto e non se desbota que poidan chegar a producirse novas detencións nas próximas horas.