Paso decisivo para mellorar o ferrocarril na Mariña

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, celebrou este xoves o “paso decisivo” para a mellora das comunicacións por ferrocarril na comarca da Mariña que dá o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana coa licitación da redacción do proxecto construtivo e a execución das obras de supresión do bloqueo telefónico no tramo de Ortigueira a Ribadeo. Trátase dun importante proxecto que o Ministerio saca a licitación por un importe de 24,2 millóns de euros (IVE incluído). A subdelegada destacou que “cumprindo o que prometeramos, o Ministerio de Transportes saca a licitación este proxecto que supón un paso definitivo para a mellora do ferrocarril de ancho métrico e a demostración de que, como sempre dixemos, este Goberno aposta pola Mariña e pola provincia de Lugo”. “Este Goberno cumpre o que promete e atende unha vella demanda dos veciños da Mariña como é a mellora do servizo que presta o ferrocarril nesta comarca”, destacou a subdelegada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha