‘Pataca de Galicia. En boca de todxs’, lema da campaña que promove o seu consumo

A campaña promocional, feita en galego, conta cun orzamento de 300.000 euros e estenderase ata o 31 de decembro, con presenza nun cento de medios de comunicación de ámbito local, provincial, autonómico e estatal, a través de creatividades, cuñas radiofónicas ou anuncios audiovisuais que sitúan o selo de calidade da pataca como sinónimo de tradición e calidade. O seu obxectivo é que a “Pataca de Galicia estea en boca de todos”. 

Esta acción, que conta cun “jingle” moi recoñecible, busca “non so chegar ao maior número de consumidores e consumidoras, senón tamén facer memorable o produto e que cando fagan a compra inclúan pataca galega nas súas bolsas”, resumiu José González, conselleiro do Medio Rural.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha