Patricia Otero | A rebaixa das peaxes da AP-9 será posible grazas ao compromiso socialista

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, sinalou este mércores que a rebaixa das peaxes da AP-9 chegará no primeiro semestre do ano grazas ao compromiso do goberno de España. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para avaliar o encontro do presidente da Xunta co ministro de Transportes o pasado 10 de marzo.

Otero, lembrou que naquel encontro “se trataron entre outros asuntos as bonificacións nas peaxes da AP-9, a conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña, a saída sur de Vigo e o AVE”, e remataba co agradecemento do presidente da Xunta ao compromiso orzamentario do Executivo para acometer as rebaixas das peaxes.

Otero replicoulle ás críticas da conselleira de Infraestruturas lembrando que “quen votou en contra de bonificar as peaxes da AP-9 foi o PP”, logo da oposición deste partido aos orzamentos xerais do Estado que precisamente incorporaban 63 millóns de euros con esta finalidade, e subliñou que “os feitos están aí, reflectidos e orzamentados”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha