O PSdeG insiste en que o práctico substituto que propón Portos para a zona é un ‘parche’

1 minutes read

A portavoz de pesca do grupo socialista, Patricia Otero, denunciou este martes que os portos de Laxe, Cee, Corcubión e Sada levan dende o inicio do mes sen servizo de practicaxe cando a Xunta sabía da xubilación do anterior traballador dende hai un ano. Insistiu en que o “práctico substituto” para varias instalacións que propón Portos de Galicia é un “parche” que non ten ningún tipo de lóxica. Patricia Otero entende que a Xunta meteuse neste “embolado” por ignorar as advertencias e primar a sustentabilidade económica por riba da seguridade, poñendo así incluso en risco os postos de traballo dalgunha empresa como Xeal, en Cee.