O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, entregou ao exxogador de baloncesto a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo, a máis alta distinción no deporte, coa que se recoñece a “espectacular” traxectoria de “un dos grandes deportistas españois de todos os tempos. Quizá o mellor”, subliñou. Durante un acto na Moncloa, o xefe do Executivo fixo un repaso dos principais fitos na carreira de PauGasol no mundo do baloncesto, coa que fixo historia: desde os seus triunfos coa selección española, ás súas 18 tempadas na NBA, onde foi o primeiro español en lograr un anel e o primeiro xogador non estadounidense en ser nomeado Rookie do Ano. Sánchez remarcou que, con esta distinción, que “expresa o agarimo de toda a sociedade española”, non só recoñecemos os seus éxitos deportivos “senón algo aínda máis importante: a maneira de conseguilos”. Neste sentido, destacou a súa “capacidade de inspirar iso que tanto necesitamos nestes momentos: facer equipo”.
0