Pau Gasol anunciou a súa retirada do baloncesto aos seus 41 anos: «Sopesandoo todo, hoxe estou aquí para anunciarvos que me vou a retirar do baloncesto profesional. É unha decisión difícil, pero meditada. Hai que cambiar de marcha» expresou o pivote desde un acto no Teatro Liceu de Barcelona.
Gasol explicou que un dos motivos da súa marcha foi a latente lesión no seu pé esquerdo, que leva arrastrando varios meses: «Apareceu unha nova liña de factura no óso. Foi un golpe importante e tivemos que facer unha operación nova cunha terapia experimental. Son unha persoa de retos e apetecíame loitar polo improbable. Quería terminar a miña carreira xogando, non en muletas». «Tiña a ilusión de poder xogar diante da miña nena e traballamos por iso.
Cando vin que as cousas parece que van ben, preséntase a oportunidade de poder fichar polo FC Barcelona. Algo que non estaba nos meus plans. Pero foi unha etapa das máis bonitas da miña carreira» dixo Gasol.