Paula Mouzo denuncia ‘deficiencias’ no parque infantil da Ponte do Porto

1 minutes read

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula Mouzo Más, e o número dous da lista e candidato representante da parroquia, Juan Carlos Amado Sambade, visitaron o parque infantil de Ponte do Porto, situado no Campo do Outeiro.

A raíz de recibir varias queixas veciñais, comprobaron in situ as deficiencias que hai e aseguraron entender o malestar existente na zona. A inseguridade das varandas de madeira, o desgaste do solo, así como o mal estado dos accesos ao interior do parque, son mostras da deixadez dos gobernantes e supoñen un posible risco para as persoas. Tamén na zona enlousada da contorna hai desperfectos e buratos.

“Este parque precisa unha renovación. Desde o PP comprometémonos a renovar esta instalación e os seus accesos, e tamén nos comprometemos a renovar un concello que necesita un cambio”, declarou Paula Mouzo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?