40
A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Carballo, Paula Nogueira, responsabilizou este venres ao equipo de goberno local do “bochorno” que supón para o municipio a confirmación por parte da Real Federación Española de Fútbol (FEF) de que o choque correspondente á Copa do Rei de Fútbol, e que enfrontará ao Bergantiños e ao Sevilla, non se poida disputar finalmente no campo municipal de As Eiroas. Tras coñecer a noticia por parte da FEF de que o recinto carballés non reunía uns requisitos mínimos para albergar o encontro, os populares fixeron público o seu malestar polo que cualifican de “unha oportunidade histórica perdida” para o club e para o municipio por unha «falta de previsión».