Paula Nogueira preocupada polo estado das obras da rúa Barcelona

1 minutes read

A portavoz do PP en Carballo mostrou este venres a súa preocupación polo atraso na finalización das obras da rúa Barcelona, cuxa actuación arrincou o pasado mes de xullo e tiña un prazo de execución de tres meses. Os populares subliñan que o proxecto está a causar importantes molestias entre os veciños e os comerciantes que, dixo Nogueira, denunciaron o proceder da empresa e a falta de medios e de persoal desde o primeiro momento. Neste sentido, os populares apuntan que é evidente que a calidade de execución non é aceptable e que, por tanto, o Concello non debería recibir a obra nestas condicións, e puxeron como exemplo o feito de que o firme de formigón da rúa Barcelona xa se está levantando sen terminar a actuación.

Material de obra na Praza da Cruz Vermella.