Paula Prado afirma que o PPdeG volveu demostrar a súa unidade no seu último Congreso


A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, amosou a “satisfacción polo resultado e o desenvolvemento” do Congreso que o PPdeG celebrou esta pasada fin de semana en Pontevedra, xa que “foi unha demostración máis da unidade deste partido, cun proxecto definido para que Galicia siga camiñando pola senda do crecemento económico e na mellora das prestacións sociais e sanitarias”. Tamén considerou “un orgullo” que Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado representen a Galicia no Senado, máxime cando hai menos de dous anos que recibiron o apoio maioritario dos galegos nas últimas eleccións autonómicas, e amosouse “sorprendida” polo anuncio realizado polo BNG e o PSdeG de que non apoian esta elección.