Pazos – Ponteceso, acolle dúas actividades para mulleres

1 minutes read

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Ponteceso, en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) organiza para a semana que vén dous novidosos e divertidos obradoiros para mulleres co obxectivo de achegar diferentes propostas para o seu tempo de ocio, capaces de entreter, formar e activar corpo e mente ao mesmo tempo.

A primeira actividade terá lugar o mércores 12 e consistirá nun taller de risoterapia, co que se pretende lograr a desinhibición e a risa das participantes a través da expresión corporal, os xogos, os bailes e a interpretación. Unha excelente practica para liberar o estrés e as tensións físicas e psicolóxicas. A segunda, non menos interesante, achegará o xoves 13 ao teatro feminista para amosar a linguaxe do corpo como vehículo e fórmula de comunicación humana e aprender así a expresar e sentir de forma consciente, plena e igualitaria.

Ambas actividades, dirixidas ás mulleres de todo o concello de Ponteceso, desenvolveranse na Casa dos Veciños de Pazos de 17.00 a 18.30 horas. Nesta ocasión, desde o departamento que dirixe Noelia Varela sinalan que para participar non é necesaria inscrición previa, polo que as interesadas non teñen máis que achegarse ata o local ao comezo de cada sesión e…. desfrutar a tope destas experiencias!.